Os casos activos chegan até os 3.139, cunha suba de 200 nun só día

Os datos que manexa a Consellaría de Sanidade amosan que dos 3.139 casos activos, preto da metade circunscríbense á área sanitaria da Coruña e Cee. Porén, esta sexta feira rexistráronse novas afeccións en todas as demarcacións sanitarias. Un dos grupos máis afectados pola pandemia segue a ser o das persoas que viven en residencias.
Pandemia
photo_camera Dúas sanitarias nunha zona destinada a practicar PCR (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios