'Carretando': "Estábamos acostumadas aos medios tradicionais, e estes novos proxectos supoñen un cambio"

"Carretando" é un proxecto de divulgación sobre a política galega. Baixo o formato do podcast, as súas integrantes -Carmen, Pablo, Román, Yannick, Adrián, Lorena e Julio- pretende analizar a actualidade e a evolución dos últimos corenta anos da política do noso país dunha maneira crítica e reflexiva, á vez que integran novas voces nun ámbito que tradicionalmente só era tratado polos medios hexemónicos da Galiza. Despois dunha primeira tempada con tres episodios, recuperan o ritmo e traen novidades.
“Carretando” está composto por xornalistas e politólogos recentemente graduados. (Foto: Nós Diario) #podcast #política #carretando
photo_camera “Carretando” está composto por xornalistas e politólogos recentemente graduados. (Foto: Nós Diario)
Comentarios