Carlos Barros é zapateiro artesán

Carlos Barros: "Seguirei a fabricar zocos e tamancas para manter na memoria o recordo do meu pai"

Nun obxecto tan pequeno como un zoco poden coller milleiros de historias. Tantas como ‘Tango’, tal e como se lle coñece a Carlos Barros Fontán en Mondariz, viviu nos seus 75 anos de vida. Deles, leva dedicados máis de 60 ao traballo de zapateiro artesán, oficio que aprendeu do seu pai. Agora, xa xubilado, dedícase a acudir ás distintas feiras de artesanía da Galiza co obxectivo de difundir a súa arte e o seu calzado. Non perde a ilusión do primeiro día, e ten claro que seguirá mentres poida facelo.
Carlos Barros Fontán, traballando na praia fluvial do Val (Mondariz). (Foto: Telmo Guisado)
photo_camera Carlos Barros Fontán, traballando na praia fluvial do Val (Mondariz). (Foto: Telmo Guisado)
Comentarios