martes 11/05/21
Alumnas do IES Val do Tea

Carla, Mara e Eva, estudantes: "Na arte as mulleres sempre aparecemos cousificadas, espidas desde unha ollada masculina"

Eva González, alumna do IES Val do Tea de Ponteareas, decatouse de que non había mulleres artistas en todo o temario de 2º de bacharelato de preparación para o acceso á universidade. Xunto a outras compañeiras, como Mara Lago e Carla Coto, decidiron tentar mudar esta situación. Co apoio do seu profesor de Historia da Arte, Xurxo Gómez, e a comisión de Igualdade do centro organizaron unha exposición polo 8-M e enviarán unha proposta de artistas ao organismo competente para que mude esta situación. 
De esquerda a dereita, Carla Coto, Mara Lago e Eva González, alumnas de 2º de bacharelato do IES Val do Tea (Nós Diario).
De esquerda a dereita, Carla Coto, Mara Lago e Eva González, alumnas de 2º de bacharelato do IES Val do Tea (Foto: Nós Diario).
comentarios