As residencias comezan a reabrir as súas portas co debate sobre o modelo de xestión de fondo

A reactivación das visitas nos centros de maiores chega logo dunhas intensas semanas para o seu persoal e usuarias entre o medo ao contaxio pola COVID-19 e a xestión da enfermidade nas residencias con casos. Sindicatos e colectivos de profesionais reclaman prudencia e extremar as precaucións na reapertura de portas mentres que, cos comicios no horizonte, as forzas da oposición reclaman unha comisión de investigación sobre a xestión dos centros con casos de coronavirus.
Traballadoras reciben a residentes no hotel Porta do Congreso de Teo (Imaxe: Arxina).
photo_camera Traballadoras reciben a residentes no hotel Porta do Congreso de Teo (Imaxe: Arxina).
Comentarios