Non haberá Festigal este ano. A situación excepcional provocada polo coronavirus obriga a organización a cancelar a XVIII edición do festival que se celebra en Compostela co gallo do Día da Patria.
“A comisión do Festigal decidiu cancelar a XVIII edición do festival. Ante a situación actual e coa información que contamos até o momento valoramos que non temos a capacidade real nin efectiva para garantir a seguridade de todas as persoas que participades no Festigal”, manifestan.
Por iso, proseguen, “facendo un exercicio de responsabilidade acordamos adiar a edición para o vindeiro ano, volveremos vernos o 24 e o 25 de xullo no Campus Vida de Compostela”.
“No 2021 volveremos disfruta da música, da cultura e da lingua deste país, volveremos disfrutar do Festigal. Agardamos vervos a todas e todos alí”, conclúen ao tempo que agradecen o apoio