As canas volven ao río tras a lectura flexíbel da Xunta das normas da fase 0

A interpretación da Xunta da Galiza da orde ministerial que regula a fase cero da desescalada deu pé ao inicio da tempada de pesca fluvial e marítima. Unha orde publicada o 6 de maio permite aos pescadores das modalidades deportivas, federados ou non, volver tirar a cana. Ao tempo, colectivos ecoloxistas sinalan que o Goberno estatal situou esta práctica e mais a da caza na fase dúas da desescalada. 
Desde o 6 de maio de 2020 a Xunta da Galiza permitiu a práctica da pesca deportiva (Imaxe: Xunta)
photo_camera Desde o 6 de maio de 2020 a Xunta da Galiza permitiu a práctica da pesca deportiva (Imaxe: Xunta)
Comentarios