A calidade das aulas de Secundaria, achicada polos recortes

Unha semana despois do inicio das aulas en Infantil e Primaria, o alumnado de Secundaria comeza un curso escolar. Faino entre a mobilización e a denuncia de Anpas e sindicatos, máis tamén das propias comunidades educativas, lastradas pola perda de docentes. Segundo anticipan, a falta de profesorado pon en risco a continuidade de programas de mellora e atención educativa xa consolidados en moitos centros. 
Concentración de Anpas Galegas e CIG-Ensino contra os recortes de Educación (Foto: Arxina).
photo_camera Concentración de Anpas Galegas e CIG-Ensino contra os recortes de Educación (Foto: Arxina).