Cae en Burela outra ponte de integración a través do ensino

​No IES Perdouro de Burela deixan de ofrecer este curso o programa de atención á diversidade que daba acubillo a rapazas e rapaces inmigrantes, principalmente caboverdianos, que continúan a chegar coas súas familias á vila. A dirección do centro di que non existe demanda, os docentes -que levan tempo afondando nun modelo de integración social- ven na medida unha perda inxustificada e lembran a axuda que prestaron estes anos ao alumnado estranxeiro que ía camiño da exclusión social.

Modelo Burela. Integración inmigración.
photo_camera Alumnas e alumnos de incorporación recente durante unha visita a unha exposición de Davila con Virxinia Lama o curso pasado
Comentarios