O brote de orixe familiar no concello do Saviñao, na comarca da Terra de Lemos, ascende xa a 15 casos detectados, cinco máis a respecto dos 10 rexistrados onte, segundo informa a Consellaría de Sanidade.
O primeiro dos positivos coñeceuse a sexta feira. As probas e os labores de rastrexo levados a cabo durante a fin de semana aos contactos estreitos revelaron outros 14 casos que permanecen en corentena nos seus domicilios.
En canto á orixe do brote, o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, sitúao nunha comida familiar por mor dun aniversario na parroquia de Reiriz, unha celebración á que, segundo fontes de Europa Press, terías asistido persoas "procedentes de Madrid".