As bondades dos bosques de ribeira

Con motivo do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, destacamos a importancia dos bosques fluviais e convidamos a gozar deles. No filme O neno culpábel, que narra a vida dun cativo inglés acusado de asasinato, o único momento da cinta na que sorrí Ray, o protagonista, é cando xoga no bambán situado no bosque traseiro da súa casa. Pode ser casualidade a escena, que sexa polo bambán ou quizais, como conclúe o estudo publicado na revista BioScience, o motivo sexa estar na natureza, nomeadamente nun bosque, baixo os beneficios que proporciona á saúde mental das persoas. Segundo esta investigación publicada en 2017 o medio natural ten a capacidade de recuperar a fatiga mental producida polos episodios do estrés da vida cotiá.
 
Pozo Azul no río do Conho ('conho', en portugués, é un penedo redondo illado no medio do río).
photo_camera Pozo Azul no río do Conho ('conho', en portugués, é un penedo redondo illado no medio do río).
Comentarios