Beatriz Figueroa: “O sistema desafiúzanos máis que o propio cancro”

A súa é a imaxe da loita polos dereitos das persoas enfermas de cancro. A avogada Beatriz Figueroa atopou forzas para lle facer fronte á enfermidade mais, en situación de debilidade, bateu cun sistema inxusto que discrimina e exclúe ás persoas que padecen cancro. A esta muller, á que coñecemos por reclamar un cambio lexislativo, péchanselle as portas do mercado laboral e cústalle entender un sistema que busca curar para logo condenar á exclusión. 

beatrizfigueroa
Comentarios