A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) presentou os primeiros recursos administrativos e legais que presentaron perante o Ministerio de Medio Ambiente e a Audiencia Nacional para procurar que se revogue a prórroga concedida a Ence polo Goberno español en funcións.
Desde a APDR explicaron que presentarán recurso de alzada en Medio Ambiente contra a resolución na que se lles denega a condición de parte interesada no procedemento administrativo de prórroga extraordinaria á empresa Ence. Unha decisión cualificada como "arbitraria" e "carente de toda xustificación",que xa debería levar a nulidade da resolución ao non concederlles trámite de audiencia en toda esta tramitación. E, engadiron desde APDR. Porén, a plataforma recoñece que "non temos fe ningunha neste recurso", logo de ver que o executivo en funcións "supón a hipoteca do futuro da ría para varias xeracións en beneficio duns intereses privados".
A este recurso, a APDR engade outro que presentará na Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional antes do 20 de marzo. A asociación avanzou que este recurso, que se está ultimando nestes momentos, incluirá como argumento que a prórroga a Ence "supón a hipoteca do futuro da ría para varias xeracións e anula as posibilidades de recuperación da mesma".