Baamonde, en loita para que non cambien o colexio por un conservatorio

A Asociación de Nais e Pais e o colectivo veciñal encabezaron este domingo unha manifestación en protesta pola decisión do alcalde de pedir á Xunta o fechamento do centro educativo en favor da creación dun conservatorio e un auditorio. A organización afirma que máis dun cento de persoas apoiaron a reivindicación de manter o servizo educativo como está pois ten 30 estudantes e axuda á fixación de poboación no rural.
Protesta ás portas do colexio. (Foto: ANPA do CEIP de Baamonde)
photo_camera Protesta ás portas do colexio. (Foto: ANPA do CEIP de Baamonde)
Comentarios