A autocita para a vacinación poderá pedirse desde os 18 anos a partir da segunda feira

A Consellaría de Sanidade ratificou esta sexta feira as características do sistema de autocita que, desde a segunda feira, se combinará co actual modelo de convocatoria "obrigada" desde o Sergas: poderán acceder a el menores de 30 anos que teñan "necesidades específicas" e maiores de 39 que, por distintas razóns, non fosen inmunizadas e estean pendentes de 'repesca'.

Julio García Comesaña e Alberto Núñez Feixoo (Imaxe: Xunta da Galiza)
photo_camera Julio García Comesaña e Alberto Núñez Feixoo (Imaxe: Xunta da Galiza)
Comentarios