A Radio Galega di de Aurelia Rey que "só se move por cartos"

Foi este o titular empregado nos informativos da emisora pública para resumir a situación da anciá da Coruña que podería quedar sen casa por demorar no pagamento dun mes de alugueiro. Namentres, o apoio aos bombeiros que non quixeron facer parte do despexo medra e xunta máis de 30 mil sinaturas
photo_camera Aurelia Rey [Imaxe: Óscar Paris]