O14 de abril de 2014 o DOG publicaba unha norma pioneira no Estado español, a lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais. Un texto con numerosas medidas contempladas, mais que ficou en papel mollado. De feito, tal e como recolle a disposición adicional, a Xunta ten o deber de remitir ao Parlamento, con carácter trianual, un informe sobre a aplicación da lei. Tres anos após, nin rastro do informe.
“A lei está sen desenvolver e é fundamental no ámbito do ensino, onde a Consellaría segue sen levar a cabo os protocolos e onde non hai formación para profesorado, o alumnado ou ANPA”, sinala Carme Adán, profesora do IES Politécnico de Vigo e deputada do BNG cando se aprobou a normativa. A catedrática de Filosofía advirte de que non se adoptou medida ningunha no ámbito sanitario, no da comunicación, ou no deporte, entre outros, “o único que se fixo foi pasar a atención do colectivo LGBTi aos centros de información ás mulleres, pero sen dotalos de máis medios”.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 251, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]