Descoñecidos atacaron e vandalizaron o mural da Gran Vía de Vigo no que figuraban os rostros de 7 mulleres, 7 ‘pioneiras’ na loita en distintos ámbitos das mulleres pola igualdade.
Denunciouno esta segunda feria a través das redes sociais a Marcha Mundial das Mulleres: “Na pasada noite atacaron o mural feminista que fixemos coas Tamborililás na Gran Vía de Vigo. Condeamos a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque. Tinguiremos todos os muros de lilás porque o feminismo non para até que todas sexamos libres!”.
Na pasada noite atacaron o mural feminista que fixemos coas Tamborililás na Gran Vía de Vigo.
— Marcha Mundial Mulleres Galiza (@MMMGaliza) May 17, 2021
Condeamos a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque.
Tinguiremos todos os muros de lilás porque o feminismo non para até que todas sexamos libres! pic.twitter.com/B4fe8cFuiN
Asociación “Nós Mesmas” tamén condenou este ataque: “Na adversidade seguiremos cara diante, aínda máis fortes, aínda máis unidas que antes!”.
‘Stop feminazis’, o símbolo da muller riscado, manchóns vermellos nos ollos das mulleres retratadas… O ataque non é o primeiro que se produce en Vigo e na Galiza contra murais feministas, internacionalistas ou de apoio á lingua galega.
‘Stop feminazis’, o símbolo da muller riscado, manchóns vermellos nos ollos das mulleres retratadas… O ataque non é o primeiro que se produce en Vigo e na Galiza contra murais feministas, internacionalistas ou de apoio á lingua galega.
O mural foi deseñado por Eva Casals e inaugurado o pasado mes de abril. A obra está protagonizada por sete mulleres ‘pioneiras’:
Olimpia Valencia (primeira galega licenciada en medicina, detida acusada de pertencer ao Partido Galeguista), Corona González (unha das primeiras fotógrafas galegas), Saladina (muller trans nos anos da ditadura franquista), Rosario Hernández “A Calesa” (socialista asasinada polos fraqnuistas), Carmen “A Picoña” (curandeira e axudaba a abortar en tempos en que este dereito non existía e estaba perseguido), Placeres Castellano (mestra, fixo parter da resistencia francesa contra os nazis) e Urania Mella (presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo, encarcerada polo franquismo)