Atacan a exposición do Día Mundial das Persoas Refuxiadas instalada na Alameda de Compostela

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, que salientou "a efectividade das campañas de odio artelladas con mentiras e desinformación", pediu aos habitantes da capital do país que mostren a súa condena ao ataque e acudan á inauguración do 24 de xuño, así se reparen os paneis. Hoxe, 20 de xuño, é o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

EuropaPress_3795126_danos_exposicion_dedicada_personas_migrantes_alameda_santiago_compostela
photo_camera Danos na exposición dedicada ás personas refuxiadas e migrantes na Alameda de Compostela (Foto: Concello de Santiago / Europa Press)
Comentarios