Segundo as cifras oficiais xa son 18 as mulleres asasinadas como consecuencia do terrorismo machista no Estado español no que vai de ano. Despois do feminicio de Beatriz Rodríguez Mariño en Arbo e do de Pavia (Asturias), Laura González, unha moza de 27 anos, vén de ser asasinada na Palma presuntamente a mans da súa ex parella, ambos nados na illa.
Segundo as informacións que manexa a investigación, a ex parella de Laura González prendeulle lume á muller na tenda na que traballaba. A moza faleceu pouco despois de ingresar no hospital polas graves queimaduras que sufriu no corpo. O suposto agresor foi detido nun centro de saúde –próximo ao estabelecemento comercial no que traballa a asasinada- ao que acudiu para curar as queimaduras de primeiro e segundo grao que sufría en diferentes partes do corpo.