As primeiras investigacións sinalan que o cadáver se corresponde cunha muller de 39 anos veciña de Ribeira e traballadora sexual. De nacionalidade sudamericana.
O corpo foi atopado na noite do domingo (7 de xuño). O corpo amosaba signos de violencia e todo apunta a que tería sido asasinada cunha arma branca.
A investigación continúa aberta mais segundo informa Javier Romero na Voz de Galicia foron detidas dúas persoas pola súa suposta participación no homicidio.
Ourense
Aliás, o domingo foi soterrada a Socorro Pérez, a muller desaparecida o 2 de maio. Segundo a autopsia foi asasinada dos golpes que recibíu na cabeza situando un traumatismo craneoencefálico como causa da morte.
As investigacións apuntan que podería ter sido violada sexualmente.