AGROCIDIO

As mensaxes contra as fumigacións 'evapóranse' do Facebook da Xunta

O Goberno galego estende a pouta da censura á súa páxina oficial na rede social e elimina boa parte das 'recomendacións' que a cidadanía lle fixo chegar, exixindo a retirada da autorización para fumigar 350.000 hectáreas, moitas delas protexidas pola Rede Natura. A plataforma Fumigacións non! vén de deseñar un mapa no que se ve o alcance da acción. Son en total 69 áreas de 8 quilómetros de diámetro cada unha, distribuídas en terras da Coruña --40 localizacións--, Pontevedra --28 localizacións-- e Lugo --1 localización--
Fonte: Plataforma Fumigacións non!
photo_camera Mapa no que se mostra o alcance das fumigacións, amparadas pola Xunta Fonte: 'Fumigacións non!'
Comentarios