As estafad@s volven facer ruído: máis unha mobilización nacional pola devolución dos seus aforros

Será en Compostela que partirá da Alameda (11.30h) até Monte Pío, a residencia oficial do presidente da Xunta, percorrido que aproveitarán para rexeitar a quita e reclamar que o calote das preferentes teña responsábeis para que non o paguen @s afectad@s. Farano sen cánticos nin consignas, só co característico son dos chifros e das bucinas. Poderás seguila a través do noso twitter, @SermosGaliza

Comentarios