En palabras do grupo, o seminario “busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica das identidades de xénero”.
Conta coa colaboración da Xunta, a Oficina de Igualdade de Xénero da USC, o programa Territorio das Mulleres, a Asociación Xornalistas Galegas e o Colexio de Xornalistas.
Esta primeira xornada terá unha duración de 16 a 21.30 horas. Serán convidadas Ana Jorge Alonso (Universidade de Málaga), Carla Cerqueira (CECS-Universidade do Minho) e Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela). Para rematar e previo a un debate co público, proxectarase o filme Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro.
A inscrición é de balde a través dun formulario na páxina web.