Arquivan a denuncia contra a xuíza que quitou a custodia a unha nai por vivir na “Galiza profunda”

O Consello Xeral do Poder Xudicial acordou na sexta feira o arquivo da denuncia interposta contra a titular do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Marbella pola letrada dunha muller á que privou da garda e custodia do seu fillo ao considerar que no auto se empregaban expresións, como a da "Galiza profunda", que podían ser constitutivas dunha infracción das previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial.

ria muros noia
photo_camera Ría de Muros-Noia, considerada pola xuíza a "Galiza profunda" (Imaxe: Nós Diario).
Comentarios