O arquitecto Gallego Jorreto e o seu maxisterio universal desde o local, no novo número do ‘Sermos Galiza’

O novo número do semanario Sermos Galiza tórnase imprescindíbel para coñecer a arquitectura propia. Non perdas a entrevista ao premiado Manuel Gallego Jorreto sobre a súa traxectoria e a súa visión da arquitectura. Ademais, ao longo do semanario, repásanse as distincións que Franco e os seus ministros aínda conservan na Galiza. E como sempre, inclúese unha manchea de recomendacións para o tempo de lecer. Procura o teu exemplar, xunto con Nós Diario, este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais!
Detalle do Sermos Galiza deste 14 de agosto
photo_camera Detalle do 'Sermos Galiza' deste 14 de agosto.
Comentarios