Cancelada a concentración de repulsa esta segunda feira

Apuñalamento na Coruña

Un mozo de 25 anos resultou ferido por arma branca na mañá deste luns na Coruña. A vítima atópase ingresada no Hospital da Coruña (Chuac) e o agresor foi detido. Asociacións de dereitos LGTBI denunciaron nun primeiro intre o suceso como unha agresión homófoba e chamaron a se concentrar en repulsa, mais poucas horas despois cancelaron a convocatoria á espera de que "se aclaren os feitos".

rúa alfredo vicenti
photo_camera A rúa Alfredo Vicenti da Coruña.
Comentarios