Aprendo o que como: A guía "Máis aló do prato"

Como se produce a nosa comida? Onde se produce e onde a mercamos? Estas son algunhas das preguntas que compartimos co alumnado da ESO dos diferentes institutos de Galicia a través da guía "Máis aló do prato". Nesta Guía propoñemos que as comunidades educativas (nas que tamén están incluídas as familias) pensen de forma colectiva sobre cal é a forma dominante de alimentación na contorna, sobre cales son os efectos que sofre o medio rural nesa mesma contorna, e que, a través dese exercicio de reflexión colectiva que propoñen as diferentes actividades didácticas, se pense criticamente sobre como construír outro sistema alimentario.
O alumnado é o protagonista do cambio
de modelo alimentario nas escolas. Con
esta visión deseñamos as actividades
didácticas da Guía Máis aló do Prato:
analizando a dieta alimentaria na miña
contorna, un traballo publicado pola
Área de Normalización Lingüística da
Universidade de Vigo.
photo_camera O alumnado é o protagonista do cambio de modelo alimentario nas escolas.