Após o confinamento, síndrome da cabana

O medo a saír á rúa é unha das consecuencias directas de case dous meses de encerro obrigado polo estado de alarma e o impacto do novo coronavirus. Á ansiedade das primeiras semanas pola necesidade de quedar na casa súmase agora a síndrome da cabana, o temor a facer o que antes era cotiá.
paseo bicis parque
photo_camera Persoas soas e algunhas crianzas poden chegar a manifestar certo receo a saír da casa após o confinamento (Arxina).