“Sigue o Apalpador” é unha aplicación para o móbil que permite seguir o percorrido desta figura do Nadal galego polos concellos de Galiza. “É unha ferramenta moi sinxela que nos permite ver nun mapa por onde vai o Apalpador no seu percorrido polos concellos de Galiza . Na pantalla principal temos o mapa no que iremos vendo onde está en cada momento e cara onde se dixire, mentres que nas dúas secundarias temos un pouco máis de información de quen é o Apalpador, para aquelas persoas que aínda non o coñezan, así como o historial do percorrido”, explican en Mallando no Android.
Xornalismo de calidade e en galego, sen ti, sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.