Nosa Señora de Fátima: Un "aparcadoiro de vellos" onde nin había termómetros dabondo

O 90% de residentes contaxiouse e o 20% faleceu. A residencia do Barco foi unha das tres intervidas pola Xunta da Galiza durante a crise sanitaria. Dez anos antes xa fora obxecto doutra intervención, xudicial, que destapou unha trama acusada de utilizar os xeriátricos con fins lucrativos. Nós Diario investiga a Fundación Fátima, cuxas irregularidades acabaron por desembocar na situación actual. A mesma Xunta que agora abre un expediente sancionador, era coñecedora da situación, eludiu responsabilidades na última década e consentiu a continuidade dos seus xestores.

 

Residencia Nosa Señora de Fátima,  Barco
photo_camera Residencia Nosa Señora de Fátima, Barco
Comentarios