Anulada na Coruña unha multa no estado de alarma por carecer a Policía de "lexitimidade para confinar"

A Audiencia da Coruña anulou unha multa imposta a un cidadán por un xulgado do penal por desobedecer os axentes que lle requiriron que regresase ao seu domicilio porque estaba a incumprir o confinamento decretado no primeiro estado de alarma, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG).

EuropaPress_2741911_control_policia_nacional_ourense_evitar_salidas_estado_alarma
photo_camera Un control policial en Ourense durante o estado de alarma (Imaxe: Europa Press)
Comentarios