Aniversario do naufraxio

Un ano do naufraxio do 'Vila de Pitanxo', un ano á espera de "xustiza e verdade"

As familias dos 21 mariñeiros falecidos o 15 de febreiro de 2022 en Terranova defenden con insistencia que se "esclarezan os feitos" en relación a un suceso polo que está a ser investigado, como presunto autor de 21 delitos de homicidio por imprudencia grave, o patrón do barco, Juan Padín. A versión final ofrecida polo mariñeiro Samuel Kwesi, o outro sobrevivente canda o sobriño do capitán, Eduardo Rial, mostra indicios que van en contra do defendido por eles dous.
Tarefas de búsqueda na zona do afundimento do 'Vila de Pitanxo' (Foto: Forzas Armadas do Canadá).
photo_camera O JRCC Halifax activou o operativo de rescate após perder o contacto co 'Vila de Pitanxo', que alertara do inminente afundimento. (Foto: Forzas Armadas do Canadá)