Nas primeiras horas da folga estudantil convocada por unha ducia de organizacións, colectivos e asociacións para este 26 de febreiro as aulas das universidades ficaron amplamente baleiras, segundo informou desde os campus o movemento estudantil galego.
Á espera de cifras e de que dean comezo as mobilizacións convocadas, as incidencias só se produciron en Vigo onde axentes da policía española --por volta de 4 furgóns e até un helicóptero-- controlan os arredores da Praza América desde as once da mañá.
Divers@s estudantes foron identificad@s para alén de lles rexistraren as mochilas e bolsos que portaban. Entre as persoas identificadas atópanse estudantes que se atopaban repartindo material informativo sobre a greve entre @s transeúntes.
Rexistro e identificacións a compañeiras de @galizsnova na praza de América pic.twitter.com/ymyoC8bNIu
— Galiza Nova (@galizanova) 26 fevereiro 2015
En vilas como Pontedeume, onde non foi reportado ningún incidente, o estudantado saíu ás rúas arredor das 11.00 horas en manifestación.
"@SermosGaliza: En Pontedeume decorre xa a primeira mobilización Imaxe vía @AgirGaliza #GreveEnsino #26F pic.twitter.com/4JZEbDb37w"
— samaín (@iria_31) 26 fevereiro 2015
Tamén na capital de Galiza as organizacións xuvenís e estudantís deron conta do despregamento policial e da identificación de divers@s estudantes na Porta Faxeira, de onde parte a manifestación.
Identificaçom de estudantes na porta faxeira (Compos),entre elas várias de @AgirGaliza pic.twitter.com/KcumMOa7BY
— BRIGA (@GzBRIGA) 26 fevereiro 2015
Por volta das 12.00h saíron as manifestacións de Vigo e Compostela acompañadas polo dispositivo policial.
Comeza a manifestación en Vigo. Forte presenza policial..Nen un paso atrás!! #26F pic.twitter.com/lLtGNCVv66
— Asemblea Redondelá (@__ARDE) 26 fevereiro 2015
As mobilizacións decorren sen incidentes nas principais cidades galegas. En Ferrol rematou na Praza de Armas onde se lle deu leitura ao manifesto de convocatoria. En Ourense a manifestación concluíu perante a Subdelegación do goberno español.
A manifestación de Ferrol chega á praza de Armas. #26FfolgaEstudantil pic.twitter.com/cJEC8D8JjN
— GZ Nova Ferrolterra (@GN_Ferrolterra) 26 fevereiro 2015
En Cee, onde se concentraron unha ducia de estudantes acompañad@s por nais e pais que quixeron amosar o seu apoio á greve estudantil, foron identificadas diversas persoas. Axentes da policía argüíron que a mobilización non fora notificada á delegación do goberno español.