O comité clínico confirmou esta segunda feira que os centros de ensino da Galiza retomarán as aulas esta sexta feira 8 de xaneiro, como estaba previsto inicialmente.
Após a reunión mantida polas responsábeis do comité e a Consellaría de Sanidade, acordouse non demorar o inicio das aulas neste 2021 e manter os protocolos sanitarios vixentes.
Román Rodríguez, conselleiro de Educación, salientou que a ratificación desta decisión "reafirma que os centros educativos e as aulas son lugares seguros".
Así mesmo, considerou que nos últimos meses "se confirmou con datos empíricos que non son lugares de transmisión da pandemia".
Para o responsábel da ensinanza galega, isto é consecuencia das "difíciles" medidas postas en marcha, así como polo "gran traballo do profesorado e as alumnas e alumnos" respectando as normas.
Cómpre lembrar que 2020 rematou con 55 aulas fechadas por casos positivos de coronavirus, que ascenderon a 858 cando finalizaron as aulas a finais de decembro.