Alertan da falta de docentes en listas de substitución para algunhas especialidades do sistema educativo galego

A falta de docentes substitutos nalgunhas listaxes como a de Francés de Primaria, Portugués de Secundaria e Procesos de Produtos e Artes Gráficas en FP “está facendo que estean a piques de esgotarse”, alerta o sindicato CIG-Ensino, que trasladou á Consellaría de Educación a urxencia da actualización das listaxes de substitucións.
A comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra exixe que a Xunta cubra todos os postos de profesorado (Foto: Xunta da Galiza)
photo_camera A CIG-Ensino traslada á Consellaría de Educación a urxencia da actualización das listaxes de substitucións (Foto: Xunta da Galiza)
Comentarios