A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta da Galiza activou senllas alertas por temporal costeiro en todo o litoral galego, coa excepción da Mariña.
O nivel de aviso será laranxa para a Costa da Morte, mentres que no resto será amarelo.
En concreto, segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno adverso de nivel laranxa comezará no noroeste do país con ventos do suroeste de forza 7, que localmente poden alcanzar forza 8 e os 74 quilómetros por hora en Cabo Vilán.
Ademais haberá un aviso amarelo por precipitacións de 15 milímetros nunha hora nas comarcas do suroeste galego.
No oeste e o suroeste, espéranse acumulacións de 40 milímetros en 12 horas.
Neste contexto, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112, informou da situación os Concellos, Deputacións, servizos de Protección Civil e clubs náuticos afectados, entre outros.
Recomendacións
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, diques, rompentes e paseos marítimos.
Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar e revisar os amarres das embarcacións.