Alba Prada difunde a memoria histórica de Valdeorras en 'Pegadas na néboa'

Alba Prada: "Impresionoume o papel das mulleres. No monte os guerrilleiros seguían a ser machistas"

A xornalista Alba Prada Núñez ideou desde os seus estudos en Ciencias da Comunicación na USC outra maneira de narrar a historia da guerrilla e a represión na súa Valdeorras natal. A través do seu blogue 'Pegadas na néboa' quere achegar a voz e a imaxe das persoas protagonistas dunha memoria agochada durante anos. Vídeos e fotografías, algunhas daqueles anos, relatan experiencias vividas co obxectivo de que a xente máis nova teña a posibilidade de seguir o camiño que percorreron os seus maiores e estes recuperen unha parte da memoria que se perdeu.   
A xornalista Alba Prada quere achegar, dunha maneira didáctica, a historia da guerrilla na súa comarca. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A xornalista Alba Prada quere achegar, dunha maneira didáctica, a historia da guerrilla na súa comarca. (Foto: Nós Diario)
Comentarios