A Plataforma de Afectados polo Vertedoiro Santiago-Miramontes quere pór en coñecemento da opinión pública o "risco para a saúde, o silencio admnistrativo dos organismos competentes que velan polo medio ambiente e o desamparo" que senten os veciños e veciñas que residen a carón do vertedeiro de Grixoa-Miramontes, ao norte de Compostela.
Denuncian que na madrugada do pasado día 25 de maio tivo lugar un incendio no -denominado oficialmente- Complexo Ambiental Miramontes "que provocou un fume irrespirábel e picor nos ollos e na gorxa".
A plataforma cidadá móstrase "preocupada" pola posibilidade de que a impermeabilización do vaso do vertedoiro, poidese quedar alterada polo incendio
Ademais -tal e como está recollida na denuncia presentada-, "a cantidade de materia orgánica que está depositada no vaso é moi superior a 10% permitido e recollido no proxecto construtivo do vertedoiro". Este límite máximo do 10% de entrada de materia orgánica é unha cota de seguridade sobre a que se asentan os cálculos para o deseño do sistema de desgasificación deste vertedoiro.
Por todo isto, e cunhas instalacións a menos de 500 metros de casas habitadas, piden á Fiscalía de Medio Ambiente "que entre de oficio na Investigación deste cuarto incendio, porque chove sobre mollado"