Afectad@s polas preferentes celebraron en Vigo unha noite de defuntos en chave reivindicativa (Vídeo)


O colectivo de persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes realizaron máis un acto de protesta e reivindicación. A noite de defuntos brindoulles a oportunidade de escenificar en Vigo o seu particular "calvario" e a aproveitaron para invocaren a todos os espiritos contra os responsábeis políticos e financeiros da súa situación. Estiveron acompañad@s por vítimas de desafiuzamentos hipotecarios.


Comentarios