Adif nega que o treito do AVE entre Taboadela e Ourense sexa inseguro

O sindicato de maquinistas de Renfe vén de denunciar a "inseguridade" que xera o treito de quince quilómetros que une Taboadela e Ourense cos novos convois de alta velocidade, xa que, advirten, deberán desactivar o sistema de seguridade ERTSM, cuxa ausencia propiciou o accidente de Angrois de 2013. Porén, Adif quita ferro ao asunto e evita facer declaracións a este xornal.
Os quince quilómetros que unen Taboadela con Ourense obrigan a proceder de forma "distinta á marcada na regulamentación" (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
photo_camera Os quince quilómetros que unen Taboadela con Ourense obrigan a proceder de forma "distinta á marcada na regulamentación" (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
Comentarios