Adega: "As eólicas queren repetir a tola carreira por ocupar o espazo mariño como xa fixeron na terra"

Adega critica que non se agardase á aprobación do Plan de ordenación do espazo mariño, que tramita o Goberno estatal, e se comezara a tramitación de dous parques eólicos de Iberdrola fronte á costa galega. “As eléctricas pretenden repetir a tola carreira por ocupar o espazo mariño tal como xa acontecera na terra, e as Administracións galega e estatal están a deixarlles facer”.

Parque eólico mariño en Bélxica. (Foto: Europa Press) #eólica #parqueeólico #eólicamariña #iberdrola #enerxía #greenalia #ortegal #amariña
photo_camera Parque eólico mariño en Bélxica. (Foto: Europa Press)
Comentarios