As entidades levan meses reclamando a paralización do proxecto

Adega e SGO recorrerán a aprobación do parque eólico da Serra do Oribio

Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía veñen de anunciar que presentarán un recurso contra a resolución da aprobación definitiva do parque eólico Serra do Oribio. Fano un día despois de que saíse publicada no DOG a resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o acordo do último Consello da Xunta do mes de xuño polo que se aprobaba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque.

 

WhatsApp Image 2019-06-19 at 20.07.03
photo_camera Unha das protestas contra a construción do parque no Oribio [Imaxe: Adega]
Comentarios