A Consellería do Medio Rural elevou até as 200 hectáreas a superficie queimada polo incendio forestal declarado no concello de Entrimo (Baixa Limia), que na tarde desta cuarta feira entrou na Galicia procedente de Portugal.
O incendio está a danar o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Cruzou a fronteira por Castro Laboreiro e afecta a parroquia de Venceáns, tras arrasar máis de 1.000 hectáreas en territorio luso.
O lume orixinouse sobre as 20.30 horas da pasada terza feira en Portugal e adquiriu unha gran virulencia a causa do vento. Segunda informa o Goberno galego os medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta da Galiza estiveron a colaborar coas brigadas portuguesas e traballando na zona fronteiriza desde o primeiro momento. A pesar dos esforzos, finalmente, o fogo entrou na Galicia contra as 17 horas desta cuarta feira, pola parroquia de Venceáns.
🚨 Intervención 15 para #Brif Laza. Activados para incendio 🔥 de Entrimo. #IFVenceánsEntrimo
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) September 5, 2024
Actuaremos un equipo formado por 18 bomberos forestales 🧑🚒 y dos helicópteros 🚁🚁.
El incendio todavía sigue activo y con gran dificultad para su extinción. pic.twitter.com/UEx99XFkYw
Até agora foron mobilizados 17 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, tres pas, catro técnicos, seis avións e sete helicópteros para loitar contra as chamas. De acordo co relato dos profesionais desprazados a Entrimo, o control do incendio durante a noite foi "complicado" pola orografía do terreo, que dificulta o acceso e pola intensidade do vento.
A Paradanta
Por outra parte a Consellaría de Medio Rural confirma que segue activo outro incendio forestal no concello de Crecente (A Paradanta), concretamente na parroquia de Filgueira.
O fogo xa calcinou 200 hectáreas, segundo a última actualización. As lapas obrigaron a decretar a Situación 2 durante a noite como medida preventiva pola proximidade do lume a dous núcleos de poboación, os de Ameixeira e Os Reinaldos.
Ante a ameaza das lapas, unha vintena de veciñas e veciños foron desaloxados das súas casas e pasaron a noite nunha residencia próxima da localidade. Para a estabilización do lume, mobilizáronse até o momento dous técnicos, nove axentes, 21 brigadas, 15 motobomas e tres pas, precisaron desde Medio Rural.
O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, en declaracións a Europa Press, apuntou a un feito intencional por parte de unha persona ou varias persoas que tiñan "controlada" a zona e coñecíana ben.