Activistas da organización 'Futuro Vexetal' realizaron esta seguna feira unha acción de protesta no salón de plenos do Congreso que durou uns minutos e que difundiron desde as súas redes sociais.
🥩𝗖𝗥𝗜𝗦𝗜𝗦 𝗔𝗟𝗜𝗠𝗘𝗡𝗧𝗔𝗥𝗜𝗔
— Radio Popular - Herri Irratia (@RadioPopular) January 30, 2023
🪧Militantes de @FuturoVegetal se pegan al atril del Congreso de los Diputados
🥬Exigen que las subvenciones dirigidas a la ganadería se deriven a alternativas @esXrebellion pic.twitter.com/Bz3xVb9D9m
Aproveitando a quenda libre de visitas ao hemiciclo, tres activistas subiron á tribuna de oradores e penduraron unha bandeira. Dúas delas pegáronse aos micrófonos, mais foron rapidamente desaloxadas polo persoal da Cámara sen que houbese danos "perceptíbeis".
Logo de tomarlles os datos persoais, as tres integrantes de 'Futuro Vexetal' foron expulsadas das instalacións parlamentarias. Tiveron tempo, porén, para que un terceiro activista captase imaxes do momento para poder difundir a súa acción nas redes sociais coa mensaxe de "Dicimos 'abonda'. Isto é unha Emerxencia Climática".
"A poboación está en perigo e os poderosos só pensan nos seus beneficios. Escalaremos en disrupción até que se deixe de subvencionar a gandaría", sosteñen desde o colectivo ambientalista.
'Futuro Vexetal' é a mesma organización cuxos membros realizaron pintadas no Museo do Prado de Madrid e, nese mesmo recinto, colaron as súas mans a un cadro de Francisco de Goya. Tamén cortaron recentemente o tráfico na M-30.