Mobilidade e dereitos

A accesibilidade en Renfe, materia pendente

A separación entre as plataformas e as portas dos trens media distancia e rexionais que circulan na Galiza é superior ao medio metro, o que supón un perigoso obstáculo para moitas usuarias e usuarios e a imposibilidade de coller este medio de transporte para persoas con diversidade funcional naquelas estacións que carecen de servizo Atendo (só seis localidades contan con el de forma permanente).

Separación entre plataforma e tren [Imaxe: SG]
photo_camera Separación entre plataforma e tren [Imaxe: SG]
Comentarios