A xustiza sobresé a denuncia por unha protesta en Mos contra o proxecto urbanístico do Celta

O xulgado mixto número 2 do Porriño acaba de ditar o sobresemento das actuacións xudiciais iniciadas polos altercados que obrigaron a cancelar, en setembro do ano pasado, un acto do Concello de Mos para explicar á veciñanza os cambios urbanísticos iniciados para a execución da cidade deportiva do Celta e o complexo comercial asociado, un proxecto que levanta unha forte contestación veciñal.

2020031712203691003
photo_camera Protesta das comunidades de augas e montes en Puxeiros (Mos), dous días despois das denuncias (A Auga é Vida)
Comentarios