A Xunta alega que as necesidades de persoal especializado nos colexios coruñeses están cubertas, pero anuncia reforzos

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, asegurou esta quinta feira, día 10, nunha xuntanza coa Asociación de Directores e Directoras de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria da Coruña, que as necesidades dos colexios coruñeses que reclaman persoal especializado están cubertas. Porén, avanzou que se reforzará algún colexio con máis horas de Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica e se destinará algunha coidadora en todos aqueles casos nos que tanto a dirección do centro como inspección educativa o consideren necesario.
cof
photo_camera [Imaxe: Xunta] O delegado territorial da Xunta reuniuse coa Asociación de Directores e Directoras de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria da Coruña
Comentarios