Hai mes e medio que arrincou o curso escolar e a consellaría de Educación non aprobou aínda os currículos dos ciclos de Formación profesional que se implantaron. O desleixo do departamento que dirixe Jesús Vázquez aboca o profesorado a repasar a normativa estatal para deseñar as respectivas programacións.
Denuncia a federación de Ensino do sindicato CIG que Vázquez "só fai uso das competencias para recortar". Así, no ciclo superior de Administración e finanzas a consellaría aproveita o desenvolvemento do currículo para reducir os espazos formativos mínimos en referencia ao número de [email protected] por curso. Isto é, entrementres a normativa estatal exixe unha aula de cen metros cadrados para 30 persoas ou de 75 para 20, a normativa galega reduce o espazo a 90 metros cadrados no primeiro suposto, e déixao en 60 no segundo.
No referente aos equipamentos mínimos, a consellaría non garante que nas aulas se coloque un ordenador para cada estudante e un a maiores para @ docente, senón que fala de maneira xenérica de "equipamentos mínimos informáticos e audiovisuais". Como exemplo lembra a CIG as mobilizacións que nas horas do recreo protagonizou nestes días a comunidade educativa do IES Leliadoura de Ribeira en contra da falta de medios para impartir as aulas. No segundo curso do ciclo medio de Xestión administrativa o PP incrementou o número de [email protected] até 30, mais non enviou o equipamento informático necesario, emprazando o centro a o financiar con cartos propios