“Un talante profundamente antidemocrático” é o que demostra o PP, ao dicir da CIG-Saúde ao se negra a tomar en consideración as máis de 40.000 sinaturas de galegos e galegas que apoiaron a Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.
Para a CIG-Saúde o feito de o PP se negar a levar a debate parlamentario esta iniciativa responde a vontade de “evitar ter que posicionarse a favor ou en contra do texto e, sobre todo, para evitar dar a coñecer o seu verdadeiro programa en materia sanitaria”.
María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde afirma que “o PP adoita funcionar así, presenta un programa electoral, pero logo o que aplica é outro, que oculta para evitar o masivo rexeitamento social que provocaría de ser coñecido, sinalou, en referencia ao interese electoralista que o PP tería en ocultar as súas previsións políticas en materia sanitaria.
“Non quere recoñecer que o que pretende é seguir a vía da privatización, do copago e do deterioro progresivo da sanidade pública, negándose a aplicar plans como o de mellora de atención primaria, entre outros” sinalou Mª Xosé Abuín. Lembran asimesmo que a única ILP que o PP admitiu no Parlamento foi a presentada pola organización ultracatólica Red Madre de apoio á muller embarazada, o que deixa á vista as claves ideolóxicas e de control parlamentar do partido no goberno. .